Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos no concurso oposición para o acceso ao corpo de IE, PES, profesores de EOI e profesores de APD, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de FP e corpo de mestres

Lun, 19/04/2021 - 15:07

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro).

Xúntase Resolución e Anexos I e II.

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles, comezou o martes 20 de abril e remata o luns 26 de abril (ambos incluídos). As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de acordo co establecido na base sexta da Orde do 24 de febreiro de 2020.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá acceder a sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

Unha vez acceda á sede:

  1.  Prema o botón A miña sede e identifíquese.
  2.  Localice a súa solicitude de participación no apartado de Expediente e prema no botón Acción:Emenda o requirimento.
  3.  Cubra o documento indicando que documentación xustificativa se achega e no seguinte paso achegue a documentación.
  4.  Finalice a presentación seguindo as indicacións da sede e garde o recibo xustificativo de presentación.
  5.  No suposto de figurar incorrectamente como NON EXENTO/A da proba de coñecemento de lingua galega debe formular do mesmo modo a reclamación e achegar o documento xustificativo.

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

No suposto de que teña que emendar o pagamento das taxas poderá realizalo na Oficina Virtual Tributaria de modo telemático.