Convocatoria de proxectos de formación en centros para profesorado de formación profesional para o curso 2011/2012

Xov, 13/10/2011 - 12:02

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da planificación da formación do profesorado, prevé para o curso 2011-2012 a convocatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos de proxectos de formación específicos para o profesorado de formación profesional.

Que son?

Unha modalidade de formación que se desenvolve nos propios centros educativos para para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado.

Convocatoria

Convócanse 60 proxectos de formación do profesorado de formación profe­sional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.

Destinatarios

O profesorado que cumpra as seguintes condicións:

  • Ser funcionarios nalgún dos corpos e especialidades vinculados ás ensinanzas de formación profesional inicial.
  • Impartiren docencia en ensinanzas de formación profesional inicial.
  • Dependeren da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Teren destino en centros sostidos con fondos públicos, e, no caso de centros privados, en ensinanzas concertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos

  • Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado, ao propiciar a construción dun modelo do centro que desenvolva todas as dimensións da práctica educativa.
  • Fomentar a súa formación nas competencias profesionais para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.
  • Fomentar a relación entre o profesorado de formación profesional e as empresas para, deste xeito, ofrecerlle unha mellor orientación ao alumnado de formación profesional.
  • Establecer liñas prioritarias de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuada da educación do alumnado e do funcionamento do centro, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.
  • Promover a formación e aactualización metodolóxica e científico-tecnolóxica dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.

Líñas prioritarias da convocatoria 2011-2012

  • Dar cobertura ás necesidades formativas derivadas da implantación dos novos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Elaboración de programacións.
  • Mellorar a xestión dos centros e dos departamentos.
  • Mellorar a xestión dos espazos e dos medios.
  • Mellorar a orientación profesional do alumnado de formación profesional.
  • Transferir o coñecemento dos procesos e dos medios do sector produtivo á aula.
  • Facilitar o acceso á formación do profesorado das familias profesionais menos estendidas.