A Consellería integra o novo sitio temático de linguas estranxeiras no portal educativo

Esta actuación permite a mellora das canles comunicativas co conxunto da comunidade educativa

No futuro integraranse os novos espazos de Innovación Educativa, Atención á Diversidade e Orientación, Lexislación e Educación Viaria.

Xov, 29/09/2011 - 14:45
A Consellería integra o novo sitio temático de linguas estranxeiras no portal ed
A Consellería integra o novo sitio temático de linguas estranxeiras no portal ed

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa co camiño de renovación e integración dos espazos web temáticos no seu Portal Educativo. No marco desta actuación presenta a nova web de linguas estranxeiras, un sitio temático que recolle toda a información e recursos relevantes relacionados co ámbito das linguas estranxeiras, mellorando as canles de comunicación con toda a comunidade educativa.

A actuación forma parte do proxecto global de integración dos Sitios Temáticos no Portal Educativo, grazas ao que se irán renovando e integrando os existentes ao tempo que se crearán os novos espazos de Innovación Educativa, Atención á Diversidade e Orientación, Lexislación e Educación Viaria.

Fácil acceso á información

Deste xeito, a través desta nova web, os interesados poden coñecer todo o relativo ás iniciativas postas en marcha pola Consellería para a potenciación das linguas estranxeiras.Desde a súa portada pódese acceder directamente a calquera das súas seccións, dende programas ata recursos, pasando por formación, normativa e novas. Ademais disto, conta cos datos de contacto desta sección e ofrece a posibilidade de seleccionar subscricións RSS ás novas xeradas na web.

A integración no portal educativo optimiza o xeito de xestionar a información ofrecida e facilita a pescuda temática mediante a utilización dun mesmo buscador común a todos os espazos temáticos integrados. O feito de formar parte dunha mesma estrutura mellorará a accesibilidade e facilitará a utilización dos recursos e da información que se ofrece á comunidade educativa.

Este portal é unha nova demostración do traballo de actualización dos espazos web que esta a desenvolver a Consellería, os cales supoñen unha clara aposta polas novas tecnoloxías e a transparencia na información pública.

O novo acceso non só beneficiará a todas as galegas e galegos, senón que pasa a ser un novo punto de información para os profesionais da educación, permitíndolles un acceso máis rápido á información que precisan para desenvolver o seu labor educativo. Neste punto a Consellería destaca a profesionalidade e bo facer do profesorado e o seu constante interese a prol da Educación, que é clave na formación dos estudantes galegos