Concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e PES, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos

Mar, 01/12/2020 - 00:00

Xúntase a Orde do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas. Non se computarán como días hábiles os sábados, domingos e os días festivos.