Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria do curso de actualización para o desenvolvemento da función directiva

Ven, 06/11/2020 - 09:02

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Este curso de formación proporcionará as competencias xenéricas e especificas para o desenvolvemento da función directiva, e as súas características quedaron recollidas e reguladas polo Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Nel se recolle, na disposición transitoria única, respecto da participación nos procedementos selectivos de dirección de centros públicos, a suficiencia do curso de actualización de competencias directivas para quen estea en posesión de habilitacións ou acreditacións de dirección de centros públicos expedidas con anterioridade á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013, e para quen se atopase ocupando postos de director ou directora en centros docentes públicos á data de entrada en vigor da Lei Orgánica 8/2013 ou durante os cinco anos seguintes.

A inscrición e xestión deste curso de actualización realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe, e o prazo para facelo será de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia. Ofértanse as seguintes prazas: 125 prazas. Este número poderá ser ampliado en función da demanda procedente do profesorado que cumpra os requisitos previstos no artigo 134 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, según a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

O curso terá unha duración de 75 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2). A súa temporalización está prevista para os meses de novembro a marzo de 2021, e constará de oito módulos temáticos, que será preciso superar para obter a certificación. Quen, resultando admitido, estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao “Proxecto de dirección”, tendo que cursar tamén o módulo específico da comunidade e o referido a prevención e seguridade fronte á COVID-19, tal e como se establece na disposición adicional única do Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro.