A Consellería de Educación organiza un acto para acoller aos auxiliares de conversa que se incorporarán aos centros galegos para o presente curso

Os centros educativos de Galicia contarán con 361 auxiliares nativos

Na recepción, que se celebrará en outubro en Santiago de Compostela, os docentes estarán acompañados polos representantes dos centros

Cómpre recordar que este ano produciuse un incremento dun 30% dos auxiliares de conversa respecto do ano pasado

Lun, 19/09/2011 - 19:30

O vindeiro mes de outubro a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizará o acto oficial de acollida para os novos auxiliares de conversa que este curso apoiaran aos estudantes e profesores galegos na aprendizaxe de idiomas.

Na recepción, que se celebrará en Santiago de Compostela, estarán presentes o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, así como diversos membros da consellería. Todos eles darán a benvida aos novos auxiliares de conversa, que asistirán acompañados por membros dos equipos dos diferentes centros educativos receptores. Os auxiliares de conversa recibirán información sobre o Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras impulsado e desenvolvido por esta administración a prol da mellora das competencias idiomáticas por parte dos estudantes galegas, e que xa tivo un gran éxito o ano pasado.

Cómpre recordar que este ano o número de auxiliares nativos que chegarán ás aulas galegas ascende a 361, dos que 339 serán de conversa, 18 seniors e o resto froito duns convenios de colaboración asinados pola Consellería e outras entidades estranxeiras. Todos eles que colaboraran nos centros de ensino de Galicia para que tanto o alumnado como o profesorado mellore as súas competencias en linguas estranxeiras, un 438 % máis das que había ao inicio da lexislatura.

Auxiliares de conversa

Así, o número de auxiliares que este ano desenvolverán a súa labor nos centros plurilingües públicos de Galicia, nas seccións bilingües e nas Escolas Oficiais de Idiomas, e superior ao do ano pasado chegando a 339, e incrementándose nun 30%,

Ademais no presente curso os centros plurilingües do rural galego volverán ter neste este ano o apoio de mestres xubilados que desempeñan nestes colexios e institutos a función de apoio á aprendizaxe, fundamentalmente, do inglés.

Convenios de colaboración

Unha novidade para este ano académico é que grazas a distintos convenios de colaboración acadados por esta Consellería incorporáranse profesores estadounidenses visitantes, que prestarán o seu apoio ao ensino do inglés en centros educativos galegos durante todo o ano académico. Ademais grazas ao convenio coa a Academie de Amiens tamén se reforzará o francés.

A aposta polo aprendizaxe de linguas estranxeiras

Entre os principios fundamentais que guían as actuacións do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras a formación de todas as galegas e galegos para a mellora das súas competencias en outros idiomas, independentemente do seu lugar de residencia e dos seus recursos económicos. Deste xeito a Consellería, a través da creación e desenvolvemento de diversos programas, demostra a súa aposta pola educación pública de calidade e unha formación que oferte más posibilidades a todas a galegas e galegos.