Título node Learning object

MEMORIA DA MELANCOLÍA. Micro-concertos de Samuel Diz (guitarra) e Benxamín Otero (óboe) na exposición "MARUXA SEOANE
Ven, 11/09/2020 - 11:42
MEMORIA DA MELANCOLÍA

Micro-concertos de Samuel Diz (guitarra) e Benxamín Otero (óboe) na exposición "MARUXA SEOANE: achegamento a Mª Elvira Fernández López"  Fundación Eugenio Granell (Santiago de Compostela)

Mércores 16 de setembro: 12h, 13h, 17h, 18h, 19h.

Aforamento limitado a 5 persoas por pase, con inscrición previa.

 

O guitarrista Samuel Diz presenta no Museo Eugenio Granell, acompañado do oboísta Benxamín Otero, unha escolma do seu novo traballo discográfico Memoria da melancolía. Unha homenaxe á escritora e activista feminista María Teresa León (1903-1988) con composicións musicais da xeración do 27', na súa maioría inéditas, gravadas na Huerta de San Vicente (Granada) coa guitarra orixinal de Federico García Lorca.

Apoiado polo Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021, estes micro-concertos convidarán ao diálogo da obra literaria de María Teresa León co legado vital de Maruxa Seoane, dúas mulleres que chegaron a Arxentina no exilio da Guerra Civil española.

 

Inscrición previa en:

conservadorjefe@fundacion-granell.org