Cursos de especialización de formación profesional. Listaxes definitivas de solicitudes e adxudicación de prazas. Curso 2020-2021

Ven, 17/07/2020 - 09:33

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión e de prazas adxudicadas nos cursos de especialización de formación profesional para o curso 2020-2021.

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada curso de especialización abrangue desde o venres 17 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020. A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.