Admisión a cursos de especialización de FP. Curso 2020/2021

No vindeiro curso 2020-2021 ofertaranse por primeira vez en Galicia cursos de especialización de formación profesional.

Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de cursos de especialización de formación profesional para o curso 2020-2021 será do 25 de xuño ata as 13:00 horas do 8 de xullo.

Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos.

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos.

Información e documentación

Listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitudes
    O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o venres 10 de xullo ata as 13:00 horas do martes 14 de xullo de 2020. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.
  • Listaxe definitiva de solicitudes
  • Adxudicación de prazas
Etiquetas: 
Tema: