Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/2021

Ven, 19/06/2020 - 08:20

Resolución do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21.

  • O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de xullo para os ciclos de grao superior e ata o 4 de setembro para os ciclos de grao medio.

A proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato para acceso ao ciclos de grao superior terán lugar o día 10 de xullo, e as probas específicas de acceso terán lugar o 20 de xullo; para o acceso a ciclos de grao medio, a proba substitutiva do título de ESO terá lugar o día 9 de setembro, e as probas específicas o día 15 de setembro. Todas as probas realizaranse nos centros correspondentes, de acordo cos calendarios establecidos na resolución.