Anuncio relativo á reanudación de prazos de determinadas listas provisionais de interinidades e substitucións

Lun, 01/06/2020 - 12:49

Xúntase o Anuncio relativo á reanudación de prazos de determinadas listas provisionais de interinidades e substitucións.

 

Apertura listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario (590), especialidade de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional (591), especialidade de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210), de mecanizado e mantemento de máquinas (211) e operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios (214)

  • Prazo para alegacións: 5 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación que se realizou o 11 de marzo de 2020, polo tanto o prazo iniciouse o día 12 de marzo e rematará o vindeiro 3 de xuño de 2020 incluído.

 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidades de Lingua Extranxeira: Inglés (597032) e Lingua Extranxeira: Francés (597033)

  • Prazo para alegacións: 5 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación que se realizou o 13 de marzo de 2020, polo tanto o prazo iníciase o día 1 de xuño e remata o 5 de xuño de 2020, ambos incluídos.