Título node Learning object
O servizo de formación do profesorado está a desenvolver o programa EduHabilidades, co que pretende achegar as habilidades sociais, directivas e emocionais á comunidade educativa.
Os recursos utilizados son unha combinación de videotitoriais de 10 minutos e a presentación de dinámicas interactivas en relación a 15 competencias persoais e profesionais: motivación, creatividade, negociación, persuasión, comunicación, análise, estratexia, xestión do tempo, marca, atención plena, traballo en equipo, dirección, exposición, responsabilidade social e atención.
Os contidos habilitaranse diariamente do 11 de maio ao 10 de xullo, abrindo un recurso diario que estarán a disposición do profesorado dentro da sección aberta en Platega, na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=795
Para acceder a ditos contidos abondará con introducir o usuario e contrasinal da súa conta corporativa edu.xunta.gal.