Orde pola que se deixa sen efecto a convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país

Mar, 12/05/2020 - 10:00

Orde do 5 de maio de 2020 pola que se deixa sen efecto a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país (Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro), como consecuencia da situación provocada polo COVID-19.