Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria de axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país

Mar, 28/01/2020 - 08:55

Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país (código de procedemento ED416A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 13 de marzo de 2020.