Levántase a suspensión do procedemento de concesión das axudas ao alumnado do SUG para estadías nalgún Estado membro da UE durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país

Mar, 05/05/2020 - 11:35

Resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se levanta a suspensión do procedemento de concesión de axudas convocado pola da Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país (DOG Núm. 18 do 28 de xaneiro de 2020).