Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras

Xov, 23/04/2020 - 09:52

Co gallo da celebración do Día do Libro 2020, publícase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 23 de abril de 2020, pola que se recoñece á escritora Andrea Maceiras co Premio dos Clubs de Lectura 2020, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no ano precedente, neste caso, durante o curso 2018/2019.