Título node Learning object

Concurso "Día das Rapazas nas TIC"
Ven, 14/02/2020 - 14:34
Concurso "Día das Rapazas nas TIC"

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, no seu interese por promover as vocacións tecnolóxicas femininas, lanzan o concurso "Día das rapazas nas TIC". Trátase dun concurso de ideas para recoller propostas creativas, diversas e apaixoantes para as aulas de primaria e secundaria que axuden a motivar as vocacións tecnolóxicas temperás, en especial as das rapazas.

Prazo de presentación: ata o 15 de abril de 2020

Máis información na seguinte ligazón:

https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/dia-rapazas-nas-tic/apuntastech/