Convocadas prazas destinadas ao profesorado de centros docentes públicos para a realización dun curso de especialización en educación emocional

Ven, 31/01/2020 - 15:25

Achégase a Resolución do 31 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado de centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a realización dun curso de especialización en educación emocional.

  • O prazo para presentar as solicitudes é de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocaroria, isto é, do 3 ao 7 de febreiro de 2020.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e presentaranse por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.