Título node Learning object

I Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada
Ven, 17/01/2020 - 14:43
I Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada

O IES Laxeiro de Lalín concoca o I Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada. O obxectivo do concurso é promover o espírito investigador e científico, favorecendo a creación de vídeos desta temática.

O tema deste curso é:

CIENCIA NO DEPORTE

O concurso está aberto a todo o alumnado de ESO e BACHARELATO dos institutos públicos e concertados .
Establécense dúas modalidades e dous niveis.
Modalidades:
● Vídeos de investigación, didácticos, documentais ou de experimentación relacionados co tema.
● Vídeos de ficción ou monólogos de humor relacionados co tema.

Niveis:
A.- para o alumnado de 1º , 2º e 3º da ESO
B.- para o alumnado de 4º ESO, 1º e 2ª de bacharelato.
 

O  prazo de presentación remata  o 17 de febreiro de 2020.

Establécese un único premio por nivel e modalidade de 300 € .

Para mais información consultar a seguinte ligazón:

https://sites.google.com/ieslaxeiro.com/concursoluisgustavo/p%C3%A1xina-principal