Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado polo Fondo Social Europeo

Xov, 19/12/2019 - 16:35

Resolución do 19 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

  • O prazo de presentación será dende o día seguinte á publicación desta Resolución ata o día 15 de xaneiro 2020.
Solicitude a través de www.edu.xunta.es/programaseducativos
 
A ruta é a seguinte: https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/ > contrasinal de EDU da persoa directora en "entrar" > contratos-programa > 2019-2020 > seleccionar (na parte inferior) > Listaxe programas (no menú da esquerda) > Iniciativa ARCO > Solicitar