Orde relativa ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, PES, PT, EOI que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio de educación

Mér, 11/12/2019 - 09:15

Publicada a Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.