Título node Learning object

15º concurso de fotografía Xurxo Lobato
Ven, 29/11/2019 - 11:36
15º concurso de fotografía Xurxo Lobato

A Asociación de amigos do instituto Monelos da Coruña, convoca o 15º concurso de fotografía Xurxo Lobato, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte de Galicia, cun límite de idade para presentarse de 21 anos.

Características técnicas:

• O tema é libre.

• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.

• Máximo de 3 fotografías por participante.

• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.

• Data de entrega: antes do 15 de marzo de 2020.

• Non poderán levar marcas de auga.

 

Os autores deberán:

• Enviar as fotografías por correo electrónico a amigos.monelos@gmail.com cos seguintes datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.

• Poñerlle un título a cada foto.

Premios:

1º premio: diploma e 250 €

2º premio: diploma e 150 €

3º premio: diploma e 100 €

• O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.

• Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.

Máis información:

https://es-es.facebook.com/concursofotografiaxurxolobato/