Título node Learning object

30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno
Ven, 18/10/2019 - 11:05
30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno

O 20 de novembro celébrase o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. É unha data moi importante a celebrar nos centros educativos, polo que UNICEF propón celebralo cunha actividade baseada na promoción da participación infantil e adolescente.

 

A actividade “Por min e por todos os meus compañeiros” convídavos a facer brillar as boas ideas que tedes para mellorar a vosa contorna e que as celebredes ao grande o 20 de novembro, Día da Infancia.

 

Guía para o desenvolvemento da actividade: https://www.unicef.es/gal/educa/biblioteca/guia-actividad-por-todos-os-meus-companeiros

Enlace para a descarga do material adicional: https://www.unicef.es/gal/educa/portodos

 

Máis información: UNICEF Comité Galicia. Email: mandrade@unicef.es. Telf: 91 378 86 04