Título node Learning object

Concurso CANSAT
Ven, 18/10/2019 - 09:05
Concurso CANSAT

CanSat  é unha competición da Axencia Espacial Europea (ESA) que ten como obxecto deseñar unha simulación real dun satélite. No espazo dunha lata de refresco os equipos, formados por estudantes de secundaria entre 14 e 20 anos deberán integrar os principais subsistemas dun satélite (fonte de alimentación, sensores de comunicación, sistema de caída controlada, etc). A organización encargarase de ascender o satélite ata unha altura máxima de 1000 metros desde onde será soltado para iniciar un descenso controlado e con toma de datos. 

O alumnado participante verase inmerso nun proxecto espacial a pequena escala, adquirindo competencias STEM e fomentando a colaboración e o traballo en equipo.

Haberá unha fase galega xestionada pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración con ESERO Spain, na que os equipos recibirán apoio e acompañamento ata chegar a unha fase de lanzamentos en Galicia. O equipo gañador desta fase pasará directamente á fase nacional, organizada por ESERO Spain en colaboración coa FECYT e a Fundación Ibercivis. O equipo gañador nacional competirá a nivel europeo. 

As bases completas así como información complementaria e o formulario de inscrición poden consultarse en http://esero.es/eventos/cansat/​