S1901092 A educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
Data: 
07/11/2019 - 05/12/2019
Lugar: 
Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela
Horario: 
16h-20h
Mércores, 16 Outubro, 2019 - 01:51

Dirixida a profesorado de secundaria.

Datas: 7, 14, 21, 28 de novembro e 5 de decembro. Horario: de 16 a 20 horas.

Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela.

Obxectivos:

• Ofrecer coñecementos teóricos sobre a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global como proceso socio-educativo.

• Dar a coñecer ferramentas, recursos e metodoloxías relacionadas para poder empregalas nos centros educativos.

• Afondar nas distintas temáticas coas que traballar nas aulas: dereitos humanos, xustiza social, realidades migratorias, consumo responsable...