S1901092 A educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
Mér, 16/10/2019 - 01:44
Dirixida a profesorado de secundaria
Datas: 7, 14, 21, 28 de novembro e 5 de decembro.
Horario: de 16 a 20 horas.
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela
Horas da formación: 25h (20 horas presenciais)
https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Referencia: S1901092
Obxectivos:
• Ofrecer coñecementos teóricos sobre a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global como proceso socio-educativo.
• Dar a coñecer ferramentas, recursos e metodoloxías relacionadas para poder empregalas nos centros educativos.
• Afondar nas distintas temáticas coas que traballar nas aulas: dereitos humanos, xustiza social, realidades migratorias, consumo responsable...