Título node Learning object

XXVI Premios de Publicidade en Galego
Mér, 18/09/2019 - 09:51
XXVI Premios de Publicidade en Galego

Con base no acordo conxunto do Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, encomendóuselle a este centro directivo a elaboración das bases dos Premios de Publicidade en Galego e a súa tramitación.

Na súa virtude a Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico e do Plan xeral de normalización lingüística.

Premios:

Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.

Para cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.

Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística.

O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que concorren aos premioscomezará a contar dende o día seguinte ao da súa publicación na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e rematará o 18 de outubro de 2019.

Menús Learning object node R