Título node Learning object

Convocatorias STEM para centros públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20
Lun, 16/09/2019 - 10:48
Convocatorias STEM para centros públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20

Introdución á robótica educativa en primaria 19/20

Seleccionaranse ata 25 novos centros docentes e darase continuidade aos centros que participaron no curso 18/19.

Poderán presentar solicitudes centros públicos de Galicia que impartan educación primaria e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria.

Os centros que desenvolveron este programa durante o cuso 18/19 terán prorrogada a súa participación este curso e poden ademais solicitar ampliación, que será aceptada se non se cubren todas as prazas de nova incorporación.

Cada centros de nova incorporación o no seu caso os centros que sexan admitidos de ampliación, recibirán unha dotación de material relacionada coa robótica educativa (robots, kits de construción, manual e guía didáctica).

O prazo para presentar solicitudes e documentación remata o 30 de setembro de 2019.

Ligazón á convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28211

 

Club de Ciencia 19/20

Seleccionaranse ata 30 novos centros docentes e darase continuidade aos centros que participaron no curso 18/19.

Poderán presentar solicitudes centros públicos que impartan ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato de Galicia.

Cada centros recibirá unha achega económica de 1.250 €

O prazo para presentar solicitudes e documentación remata o 30 de setembro de 2019.

Ligazón á convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28684

 

Espazos Maker 19/20

Seleccionaranse ata un máximo de 10 novos centros docentes e darase continuidade aos centros que participaron no curso 18/19.

Poderán presentar solicitudes centros públicos que impartan ensinanzas de educación secundaria ou bacharelato de Galicia e vai dirixido a alumnado que curse estas ensinanzas.

Cada centros docente de nova incorporación recibirá unha dotación de material para organizar o espazo Maker no centro: equipación audiovisial e de procesado, mobiliario, pequena maquinaria e ferramentas variadas.

O prazo para presentar solicitudes e documentación remata o 30 de setembro de 2019.

Ligazón á convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28209

 

Premios Desafíos STEM 2019

Trátanse de premios a proxectos STEM realizados polo alumnado de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato realizados coa dotación que a Consellería realizou desde o curso 2016/17: equipamento de robótica educativa, placas de comunicación e equipos de impresión 3D.

Poderán presentar solicitudes centros públicos que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato de Galicia.

Prazo para presentar solicitudes e documentación: antes do 30 de setembro de 2019.

Ligazón á convocatoria: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28686