Título node Learning object

Escola verdes polo clima
Xov, 12/09/2019 - 12:21

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

 

2. Ámbito: sostibilidade e consumo responsable.

 

3. Presentación do programa: O programa Escolas verdes polo clima é unha Iniciativa da Xunta de Galicia, enmarcada dentro do Plan Proxecta+ e a estratexia de Mocidade polo Clima, promovida pola Subdirección Xeral de Cambio Climático e Ordenación do Litoral, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. O obxectivo principal é apoiar aos centros educativos galegos na integración da sostibilidade e na posta en marcha de accións ambientais, promovendo un modelo educativo onde o coidado do planeta sexa o eixo central da aprendizaxe, a convivencia e a participación. Contribúe ao cumprimento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), fomentando valores, hábitos e coñecementos necesarios para a transición ecolóxica das aulas. O programa Escolas verdes polo clima estrutúrase en dúas liñas principais: Escola Verde e Retos Climáticos.

 

4. Alumnado ao que vai dirixido:

  • Escola Verde: alumnado de educación infantil, educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e educación especial.
  • Retos Climáticos: 3º e 4º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos.

 

5. Participación:

  • Límite de centros participantes:
    • Escola Verde: ata 10 centros educativos.
    • Retos Climáticos: ata 20 centros educativos.
  • Límite de docentes participantes por centro:
    • Escola Verde: mínimo dous docentes participantes.
    • Retos Climáticos: recomendado dous docentes participantes.
  • Límite de alumnado participante por centro:
    • Escola Verde: non se contempla.
    • Retos Climáticos: 15 persoas por equipo e 1 só equipo por centro educativo.

 

6. Criterios de selección:

- Orde de solicitude e participación en edicións anteriores do programa (0 - 2,5 ptos) 
- Inclusión, claridade e calidade das respostas ás preguntas da solicitude (0 - 2,5 ptos)  
- Implicación da comunidade educativa e a coordinación entre os seus membros (alumnado, profesorado, familias e persoal non docentes) (0 - 2,5 ptos)
- Beneficios do proxecto, proxección temporal, impacto na comunidade escolar e difusión dos resultados (0 - 2,5 ptos). 

* Os centros de educación especial terán garantida a participación no programa. 

7. Persoa responsable:

Nome: Teresa Bernal Cortegoso
Departamento: Subdirección Xeral de Cambio Climático e Ordenación do Litoral
Teléfono: 610 584 421 
Correo electrónico: escolaspoloclima.medioambiente@xunta.gal

 

8. Obxectivos do programa: 

  • Escola Verde: Impulsar a integración da sostibilidade na vida escolar a través da aprendizaxe, a reflexión e accións prácticas arredor de elementos clave (clima, natureza, enerxía, residuos e contaminación).
  • Retos Climáticos: Motivar ao alumnado a investigar, analizar e propoñer solucións creativas e viables fronte a un problema climático real, que será proposto cada ano.

9. Palabras clave: Medio ambiente; Desenvolvemento sostible; Cambio climático; Concienciación ambiental.

 

10. Metodoloxía e temporalización: Folla de ruta para cada modalidade:

Escola Verde:  Retos Climáticos
  1. Pre-diagnóstico ambiental na solicitude de participación.
  2. Formación do profesorado e preparación do proxecto deseñado
  3. Formación ao alumnado e diagnóstico ambiental.
  4.  
    1. Sesións formativas online dos elementos e execución das actividades propostas.
    2. Comunicación e difusión das actividades.
  5. Entrega do caderno de bitácoras.
  6. Evento final e entrega de premio/s.
  7. Enquisa de impacto.
  1. Inscrición dos centros no aplicativo de Proxecta.
  2. Formación do profesorado no reto climático.
  3. Taller inicial co alumnado para guiar no reto.
  4. Presentación do/a titor/a externo/a e taller formativo.
  5. Revisión e asesoramento periódico.
  6. Entrega da memoria e presentación finais.
  7. Evento final e entrega de premio/s.

 

11. Actividades e recursos ofertados:

  • Recursos materiais: Guía informativa.
  • Obradoiros:
    • Escola Verde: Mínimo 1.
    • Retos Climáticos: Mínimo 2.
  • Saídas: Posibilidade de facilitar visitas.
  • Webs de referencia: https://www.xunta.gal/medio-ambiente
  • Concursos / Premios:
    • Escola Verde: Evento final de presentación dos proxectos e entrega de premio/s. Certificación "Escola Verde" aos centros que consigan abordar todos os elementos que compoñen o programa.
    • Retos Climáticos: Evento final de presentación dos proxectos e entrega de premio/s.
  • Formación do profesorado: 
    • Escola Verde: 1 xornada presencial ao comezo do curso e 5 xornadas online ao longo do curso. 
    • Retos Climáticos: haberá unha xornada de formación obrigatoria ao comezo do curso (non se certifica como formación).

12. Orzamento: non se contempla.

13. Produto final:

  • Escola Verde: Caderno de bitácora e vídeo resumo.
  • Retos Climáticos: Memoria final e presentación final. 

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+
    • Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e / ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final, etc.).
    • Interdisciplinariedade (achegas dende distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    • Impacto e difusión do proxecto: é imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogues, etc.) evidencias gráficas e / ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

 

  • Criterios propios do programa:
    • Escola Verde:
    1. Implicación e realización da diagnose ambiental, do informe de seguimento e as accións de comunicación e sensibilización levadas a cabo.
    2. Grao de cumprimento das actividades e obxectivos propostos, así como a análise e proposta de melloras no caso de non acadalos. 
    • Retos Climáticos:
    1. Comprensión e explicación dos conceptos clave, a relevancia e precisión da información presentada, a creatividade na resolución do reto, o desenvolvemento de ferramentas de control e seguimento e a ecuación ás normativas vixentes.  
    2. Capacidade de comunicación e a claridade na transmisión de información. 

 

Menús Learning object node R