Listaxe provisional de admitidos e excluídos (modalidade B) das axudas de apoio á etapa posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019

Lun, 09/09/2019 - 13:59

En relación coas solicitudes da modalidade B das axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocadas pola Orde do  28 de maio de 2019 (DOG número 111, do 13 de xuño), a Secretaría Xeral de Universidades e a Gain, de acordo co artigo 9 da citada Orde, requiren as entidades solicitantes mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.es/) e na páxina da GAIN (http://gain.xunta.es/) para que nun prazo de dez días naturais (do 10 ao 19 de setembro de 2019, ambos os dous incluídos), formulen reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das solicitudes presentadas polas universidades do SUG, ou ante a dirección da Gain nos demais casos, e achegarán a documentación oportuna.