Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019

Xov, 13/06/2019 - 08:50

Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.
 

  • O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade A será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. O prazo de presentación de solicitudes para a modalidade B será do 1 ao 31 de agosto de 2019.

Cal é o obxecto destas axudas?

A formación de persoal investigador doutor mediante a súa contratación por algún dos centros citados no apartado seguinte. Estas axudas teñen dúas modalidades:

  • Modalidade A: axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, dun total de tres anos, consistentes no financiamento dun contrato de estadía de dous anos no estranxeiro e dun ano na Comunidade Autónoma de Galicia ao retorno da dita estadía.

Ata un máximo de 10 axudas no ámbito do SUG e de 2 axudas para as demais entidades poderán obter a condicións de bolseiros Fulbright sempre que presenten un plan de estadías de 2 anos de estadía nos Estados Unidos de América.

  • Modalidade B: axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, dun total de dous anos, co obxecto de dar continuidade á formación e propiciar o establecemento unha traxectoria investigadora propia ao persoal investigador que se atopa nos seguintes casos:
    • Aquelas persoas investigadoras que acadaron unha axuda de formación inicial (modalidade A) na convocatoria do ano 2016 e que, unha vez completado e rematado o contrato derivado deste programa, obtivesen unha avaliación positiva.
    • Aquelas persoas investigadoras que obtiveron unha axuda de formación inicial (modalidade A) na convocatoria de 2014 ás que por circunstancias especiais se lles concedese o aprazamento da avaliación e que unha vez completado o programa, obtivesen unha avaliación positiva.

Quen pode solicitar estas axudas?

A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia as universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante SUG).

A Gain financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos (modalidade A) e un máximo de 2 anos (modalidade B)
  • Orzamento total: 8.667.800 euros (a achega por parte da Secretaría Xeral de Universidades será de 7.712.000 € e por parte da Gain será de 955.800 €)

Número e importe das axudas

O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:

  • Modalidade A: 46 axudas (a previsión inicial é de 40 axudas para o SUG, das cales ata 10 poden obter a condición de bolseiras Fulbright, e 6 para as demais entidades, das cales 2 poden obter a condición de bolseiras Fulbright). Os importes destas axudas son:
    • Na fase de estadía:
      • 34.680 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).
      • 42.000 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2).
      • 48.400 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está nos EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3). Para aquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright, engadiranse un total de 5000 euros brutos anuais durante os dous anos de estadía nos EUA.
      • Nesta fase establécese un complemento de 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas. Dito complemento ten por obxecto cubrir, ademais dos gastos asociados á contratación, os custos por cada persoa contratada da subscrición dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española (ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes) dun seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.
    • Na fase de retorno:
      • Un máximo de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
      • Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.
  • Modalidade B: 21 axudas
    • Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
    • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros no ano 2020, 10.000 euros no 2021 e 5.000 euros no 2022.
    • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

  • Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

  • Para solicitudes de entidades alleas ao SUG:

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

 

PDF icon Orde do 28 de maio de 2019 ( DOG)PDF icon Extracto da Orde do 28 de maio de 2019 ( DOG)Microsoft Office document icon Modelo de declaracion de doutoramento e licenciaturaMicrosoft Office document icon Modelo de pertenza da persoa candidata a un grupo Microsoft Office document icon Modelo de plan de estadíaPDF icon Listaxe provisional de admitidos e excluídosPDF icon Listaxes definitivas de admitidos e excluídos das axudas de apoio á etapa posdoutoral de 2019, modalidade APDF icon Corrección de erros ás Listaxes definitivas de admitidos e excluídos das axudas de apoio á etapa posdoutoral 2019, modalidade APDF icon Listaxe provisional admitidos e excluídos posdoutorais B 2019PDF icon Proposta de concesión das axudas Posdoutorais A (Próxima publicación no DOG)PDF icon Resolución do 24 de setembro de 2019: Concesión das axudas Posdoutorais A (DOG)PDF icon Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa posdoutoral 2019, modalidade BPDF icon Orde do 30 de setembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 28 de maio de 2019 (DOG)PDF icon Resolución das axudas posdoutorais na modalidade B PDF icon Resolución do 29 de outubro de 2019 Adxudicación das axudas do anexo II, modalidade B (DOG) PDF icon Resolución do 26 de novembro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 24 de setembro de 2019 (DOG)PDF icon Resolución do 27 de novembro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG)PDF icon Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG)PDF icon Instrución 3/2020PDF icon Resolución do 23 de xullo de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 24 de setembro de 2019 (DOG)PDF icon Instrución 1/2022 avalación fase de estadía posdoutorais 2019PDF icon Resolución avaliación fase de estadía posdoutorais 2019PDF icon Segunda resolución avaliación fase de estadía posdoutoral 2019PDF icon Terceira resolución avaliación fase de estadía posdoutoral 2019PDF icon Instrución 3/2022 avalación final posdoutorais B 2019PDF icon Cuarta resolución avaliación fase de estadía posdoutoral 2019PDF icon Instrución 1/2023 avalación final posdoutorais A 2019PDF icon Resolución avaliación do rendemento apoio á formación posdoutoral B 2019PDF icon Correción erros Instrución 1/2023 sobre avaliación final programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, 2019PDF icon Resolución avaliación posdoutoral modalidade A 2019