Modificación dos prazos de intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería

Xov, 11/07/2019 - 09:15

Xúntase a Orde do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 30 de xuño).