118 alumnos poderán beneficiarse do proxecto de FP Dual en colaboración con varios supermercados implantados en Galicia

A conselleira asinou hoxe o acordo con representantes das cadeas de alimentación

O alumnado realizará o 40% da formación do ciclo de grao medio en Comercialización de Produtos Alimentarios nestas empresas

Xov, 27/06/2019 - 18:35
118 alumnos poderán beneficiarse do proxecto de FP Dual en colaboración con varios supermercados implantados en Galicia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asinou esta mañá un convenio para a posta en marcha dun proxecto de FP Dual no ciclo formativo de grao medio en Comercialización de Produtos Alimentarios en colaboración con varios supermercados con implantación en Galicia, en concreto El Corte Inglés, Auchan, Carrefour, Champion, Cuevas, Vego Supermercados, Mercatabria, Pontevicus e Atlántica Saga Ourense. Na consecución do acordo colaborou tamén a Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC).

Un total de 118 alumnas e alumnos poderán beneficiarse destes acordos, cursando a formación tanto na empresa como en 6 centros educativos: o IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña), o IES A Pontepedriña, o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), o IES A Guía (Vigo), o IES Luís Seoane (Pontevedra) e o CIFP Portovello (Ourense).

O período de permanencia do alumnado de cada grupo no centro educativo ascenderá a 1203 horas, o que supón o 60% do total da duración do ciclo. O 40% restante, de acordo coas características propias da FP Dual, corresponderá a actividade profesionalizadora que lle permitirá ao alumnado familiarizarse coa realidade do mundo laboral e que se desenvolverá en centros de traballo das devanditas empresas.

A distribución de alumnado por centros educativos e centros de traballo é a que se reflicte no seguinte cadro:

Centro

Empresa

Total alumnos

IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)

Mercatabria, S. L. U.

10

Centro Comerciais Carrefour, S.A.

3

Auchan Retail España, S.L.U.

5

El Corte Inglés, S.A.

4

Vego Supermercados S.A.

5

IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela)

Mercatabria, S. L. U.

7

Centro Comerciais Carrefour, S.A.

2

Supermercados Champion S.A.

1

Auchan Retail España, S.L.U.

5

El Corte Inglés, S.A.

2

Vego Supermercados S.A.

5

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Mercatabria, S. L. U.

3

Centro Comerciais Carrefour, S.A.

3

Auchan Retail España, S.L.U.

5

Vego Supermercados S.A.

3

IES A Guía (Vigo)

Pontevicus, S.L.U.

4

Centro Comerciais Carrefour, S.A.

2

Auchan Retail España, S.L.U.

10

El Corte Inglés, S.A.

2

Vego Supermercados S.A.

10

IES Luís Seoane (Pontevedra)

Pontevicus, S.L.U.

3

Centro Comerciais Carrefour, S.A.

2

Auchan Retail España, S.L.U.

5

Vego Supermercados S.A.

2

CIFP Portovello (Ourense)

Atlántica Saga Ourense, S.L.U.

4

Centro Comerciais Carrefour, S.A.

4

Ignacio de las Cuevas S.A.

2

Vego Supermercados S.A.

5

 

 

118

 

As empresas colaborarán cos centros educativos na selección do alumnado e establecerán un sistema de bolsas dirixido aos estudantes participantes neste proxecto durante os meses nos que realicen actividade profesionalizadora no centro de traballo. As alumnas e alumnos serán tamén incorporados ao réxime da Seguridade Social.

Incremento do 60%

O acordo asinado hoxe enmárcase na aposta da Consellería de Educación pola expansión da FP Dual. Non en balde, a oferta para o curso 2019/20 incrementa en case o 60% o número de proxectos de dual que se porán en marcha. Deste xeito, o vindeiro curso académico arrincarán un total de 73 proxectos nesta modalidade (fronte aos 46 do 2018/19).

Entre as novidades na oferta de Dual cómpre salientar a implantación deste novo título de Comercialización de produtos alimentarios en 6 centros galegos, a incorporación do ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría da familia de Sanidade, combinado nalgún caso co ciclo de atención a persoas en situación de dependencia, ou a ampliación dos ciclos da familia marítimo-pesqueira en Burela e en Vigo. Tamén hai un significativo incremento na oferta dual dos ciclos das familias profesionais de Instalación e mantemento, de Enerxía e auga, de Fabricación mecánica ou Transporte e mantemento de vehículos. Ademais, foméntase a incorporación destas ensinanzas en sectores estratéxicos e punteiros, como o da enerxías renovables.