Oferta de formación profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o curso 2019/2020

Ven, 21/06/2019 - 09:34
Publicada a Orde do 13 de xuño de 2019 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2019/20.
 
Publicada a Orde do 14 de xuño de 2019 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2019/20.
 
Na seguinte ligazón pode atopar para o curso 2019/2020 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, a oferta de prazas da formación profesional dual e a oferta de programas formativos de formación profesional básica.