Título node Learning object
Concurso de historia "Transición política"
Xov, 23/05/2019 - 09:42
EUSTORY convoca un concurso de historia a nivel europeo para estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP e ESA. Actualmente está aberta a duodécima convocatoria do concurso co tema a "Transición política". O alumnado debe presentar un traballo de investigación individual ou en grupo sobre o tema exposto.
Para os estudantes ofrécese un primeiro premio de 2500€ , catro segundos de 1000€ , cinco terceiros de 500€ e 10 accésit de 200€ ; así como a posibilidade de participar nun campus dunha semana en Europa. Os titores tamén reciben un premio en metálico: 1250€ primeiro premio, 500€ segundo premio, 250€ terceiro premio e 100€ accésit.
Data límite de entrega de traballos: 18 de agosto de 2019 ás 23h59.