Título node Learning object

Becas de francés en Bélxica 2019
Lun, 15/04/2019 - 10:59
Becas de francés en Bélxica 2019

A Embaixada do reino de Bélxica en Madrid, informa sobre a oferta de becas de francés para o verán 2019.

A comunidade francófona de Bélxica ofrece 6 becas para (futuros e futuras) profesores e profesoras de francés, a saber:

  • Tres becas para (futuros e futuras) profesores e profesoras de francés lingua extranxeira (Stage intenational d´eté en didactique du FLE) na Universidade Católica de Louvain-la Neuve.
  • Tres becas para (futuros e futuras) profesores e profesoras de francés lingua extranxeira (Stage pour (futurs) professeurs de français langue étrangère FLE) na Universidade de Lieja.

As candidatas e os candidatos deben ser españolas e españois ou residentes en España que estean estudando ou que estudaran en España.

Para coñecer todas as instruccións e acadar os formularios desta convocatoria prégase ás interesadas e aos interesados envíen un correo electrónico á Embaixada de Bélxica, á atención do Sr. Didier Denayer (info-madrid@awex-wallonia.com).

A data límite para a entrega das solicitudes será o 19 de abril de 2019.