Título node Learning object

V Premio literario Nortear
Ven, 12/04/2019 - 11:09
V Premio literario Nortear

O Programa Nortear, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, convoca a V edición dun premio literario para novos escritores de Galicia e do Norte de Portugal. Está dirixido  as persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

O prazo para a presentación das obras será ata o 28 de xuño de 2019 (inclusive). As obras deberán enviarse, por correo postal, ao seguinte enderezo:

 

Agrupación Europea de cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal

Edificio CETMAR

Rúa Eduardo Cabello, s/n

36208 BOUZAS (VIGO)

arodrigues@gnpaect.eu

Menús Learning object node R

Tema

Sección