Título node Learning object
Premio ao Mérito Escolar XI edición da Embaixada da República Dominicana
Ven, 05/04/2019 - 09:34
A Embaixada de República Dominicana ante o Reino de España convoca o Premio ao Mérito Escolar cuxos obxectivos son por unha banda, recoñecer e estimular ao alumnado de nacionalidade ou orixe dominicano que se destacaron polas súas altas cualificacións e bo comportamento e, por outra, promover a súa integración nas institucións educativas españolas e na sociedade no seu conxunto, á vez que reforzan os lazos co seu país de orixe.
Dirixidos a
- Alumnado que curse estudos en España e que sexa de orixe ou nacionalidade dominicana, e que teña entre 10 e 18 anos.
- O nomeamento pode proceder da familia, profesorado ou outras persoas próximas maiores de idade.
Valoración de méritos
- As cualificacións académicas.
- O rendemento académico en xeral.
- O espírito de superación.
- O comportamento cívico.
Premios
- 10 premios consistentes nunha viaxe cultural á República Dominicana con duración dunha semana e un computador portátil.
- O Xurado poderá outorgar unha mención extraordinaria a unha alumna ou un alumno con dificultades de aprendizaxe que exhibise unha alta motivación para superarse.
Envío de candidaturas
- Prazo: finaliza o 17 de maio de 2019.
- Procedemento: as candidaturas poden enviarse por varias vías:
- Correo ordinario ou certificado: Embaixada de República Dominicana Paseo de la Castellana, 30, 1º. Dereita 28046, Madrid
- Correo electrónico: embajada@embajadadominicana.es