Título node Learning object

7ª Convocatoria bolsas Eurolingua 2019
Lun, 18/03/2019 - 08:53
7ª Convocatoria bolsas Eurolingua 2019

Por sétimo ano consecutivo Eurolingua Venairlanda® convoca as súas Bolsas para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a alumnado universitario, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

A bolsa do programa é ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento.
  •  O alumnado menor de idade viaxará do 28 Xullo ao 11 de Agosto de 2019. A data para o alumnado adulto está pendente de confirmar. En caso de forza maior, a data poderase modificar pero sempre se debe realizar o curso nos meses de verán.
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por persoal monitor de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

Prazo de solicitude da bolsa

Ata as 23.59 horas do 17 de abril de 2019

Máis información

https://www.becaseurolingua.com/