Título node Learning object

XX Foro Galego de Educación en Igualdade
Ven, 15/03/2019 - 12:38
cartel

A Secretaría Xeral de Igualdade presenta a XX edición do Foro Galego de Educación en Igualdade, que este ano leva como subtítulo "Coeducación: por unha sociedade non sexista".

Data: venres 5 e sábado 6 de abril de 2019
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela)
Persoas destinarias: persoal docente e outros colectivos interesados.
Inscrición:

  • persoal docente: a través de FPROFE (código da actividade: G1814001; título: XX Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2018-2019)
  • resto dos colectivos: a través do enderezo electrónico: xornadas.igualdade@xunta.gal

Pódese consultar o programa da actividade no PDF que se anexa.