Título node Learning object

Requisito de formación en igualdade do novo persoal docente
Xov, 14/03/2019 - 10:22
logo DOG

Na convocatoria de oposicións ao corpo de profesorado da Consellería de Educación para 2019 explicítase xa a obriga de realizar un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Trátase de que o novo persoal docente obteña o nivel básico de coñecemento (20 h) regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pódese consultar esta información na Base vixésima (apartado 20.5) da convocatoria das oposicións. Trátase dun requisito que busca garantir que todo o persoal funcionario posúa un nivel básico de formación en igualdade e prevención da violencia de xénero adaptado ao seu posto de traballo.

 

Prazos para adquisición do nivel básico (20 h):

  • novo persoal de docente: 6 meses (durante a realización da fase de prácticas)
  • persoal docente que xa é funcionario: ata 10 anos desde a entrada en vigor do Decreto 70/2017 (isto é, ata o 1/02/2028).