Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Requisito de formación en igualdade do novo persoal docente

Requisito de formación en igualdade do novo persoal docente [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Xov, 14/03/2019 - 10:22

Na convocatoria de oposicións ao corpo de profesorado da Consellería de Educación para 2019 explicítase xa a obriga de realizar un curso de formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Trátase de que o novo persoal docente obteña o nivel básico de coñecemento (20 h) regulado no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, [2] polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pódese consultar esta información na Base vixésima (apartado 20.5) da convocatoria das oposicións [3]. Trátase dun requisito que busca garantir que todo o persoal funcionario posúa un nivel básico de formación en igualdade e prevención da violencia de xénero adaptado ao seu posto de traballo.

 

Prazos para adquisición do nivel básico (20 h):

  • novo persoal de docente: 6 meses (durante a realización da fase de prácticas)
  • persoal docente que xa é funcionario: ata 10 anos desde a entrada en vigor do Decreto 70/2017 (isto é, ata o 1/02/2028).

 

Gallego
logo DOG [4]

File: 

PDF icon Convocatoria das oposicións publicadas no Diario Oficial de Galicia [5]
PDF icon Decreto 70/2017 de formación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero [6]

Tema: 

Igualdade [7]
Violencias [8]
Coeducación [9]
Relacións [10]
Dereitos [11]
Diversidade [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27245

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27245
[2] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170801/AnuncioG0244-190717-0001_gl.pdf
[3] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190308/AnuncioG0534-220219-0001_gl.html
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2019/03/14/248ea4886e7795bbc39a9e58ec2e1199.jpg
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2019/03/14/7da8d40a7a81278f12db710ecaa27a7e.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2019/03/14/08364cf6bec46f70c48bb5471e00d41f.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1783
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1785
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1786
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1787
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/1788