Título node Learning object

Física de Partículas coas mans
Mar, 26/02/2019 - 14:01
 Física de Partículas coas mans

Un ano máis o departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organiza unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato.

Dita xornada, denominada “Física de Partículas coas mans”, consistirá nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica por ordenador realizada en grupo, os resultados da cal serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizaron simultaneamente unha xornada idéntica.

Este ano organizarase novamente esta xornada o venres 5 de abril de 2019.

O número de estudantes nesta sexta convocatoria está limitado a 100.

A organización farase cargo da manutención (xantar), pero non do transporte ata a facultade. O profesor/a acompañante pode acompañar os estudantes e asistir, e incluso participar activamente na xornada, se así o desexa. Deberá indicalo na solicitude (para reservar o xantar).

Se desexan participar nesta experiencia deben enviar o formulario de inscrición electrónico que se atopa na seguinte ligazón http://igfae.usc.es/masterclass/index.php/inscricions/ cos datos requiridos antes do luns 18 de marzo de 2019.

As solicitudes serán atendidas por orde de chegada priorizándose a centros que participen por primeira vez (aquelas solicitudes que non poidan ser atendidas nesta ocasión serán consideradas para a seguinte)

Máis información: 

http://igfae.usc.es/masterclass/