G1801035 Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencias. Plan de Emerxencia-Evacuación

Actividade formativa promovida polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais
Mar, 05/02/2019 - 10:34
Plan Emerxencia-Evacuación
Plan Emerxencia-Evacuación

Prazas libres na actividade formativa G1801035 Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencias. Plan de Emerxencia-Evacuación.

A actividade desenvólvese en Platega entre o 11 de febreiro e 25 de marzo.

Competencias profesionais

Membro dunha organización - Centros saudábeis e seguridade integral.

Membro dunha organización - Normativa.

Horas: 30 (na Rede)

Obxectivos:

1.Proporcionar unha formación específica, teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais.

2.Facilitar unha cultura preventiva e coñecementos para actuar como axente activo na elaboración, implantación e seguimento do plan de emerxencia-evacuación.

3.Coñecer os riscos específicos e a súa prevención no centro educativo e adquirir os coñecementos precisos para a elaboración do plan.

Contidos:

1.Módulo 1: Análise, xestión e planificación dos riscos laborais e medidas de emerxencia nos centros educativos.

   1.1.UD 1: Nocións básicas (a Lei de Prevención de Riscos Laborais).

   1.2.UD 2: Análise dos riscos, redacción e implantación das medidas de emerxencia.

   1.3.UD 3:  O risco de incendio: lume, tipos, prevención e protección e primeiros auxilios.

2.Módulo 2: O Plan de Emerxencia-Evacuación.

   2.1.UD 4: Identificación dos titulares e do emprazamento da actividade. Descrición da actividade e do medio físico no que se desenvolve.

   2.2.UD 5: Inventario, análise e avaliación de riscos. Inventario e descrición das medidas e medios de protección. Programa de mantemento das instalacións.

   2.3.UD 6: Plan de actuación ante emerxencias. Integración do plan noutros de ámbito superior. Implantación. Mantemento do plan.

 

Máis información en Fprofe