Centros adheridos a Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e a Voluntariado de lectura-A (Primaria), do programa Bibliotecas Escolares Solidarias 2018/2019

Mar, 29/01/2019 - 10:40

Xúntanse arquivos coas relacións de centros que se adhiren a dúas das accións incluídas no programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019, ao abeiro da Resolución de 30 de novembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convocaba o devandito programa para este período escolar:

  • Voluntariado de lectura-A, para alumnado de 5º e 6º de primaria. Participan este curso un total de 82 centros.
  • Voluntariado na bibliotecas escolar, para alumnado de secundaria, bacharelato, ciclos formativos e outros. Participan un total de 101 centros.