Título node Learning object

Programa de Educación Financeira e Concurso de Coñecementos Financeiros
Ven, 18/01/2019 - 10:56
Programa de Educación Financeira e Concurso de Coñecementos Financeiros

Convócase o Programa de Educación Financeira desenvolvido polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. Consta de dez unidades en rede, tanto para o alumno (co contido básico e actividades), como para o profesor (inclúe recursos e suxestións creativas para desenvolver na aula). Traballa as áreas temáticas que establece PISA en competencia financeira: diñeiro e transaccións, planificación e xestión das finanzas persoais, o risco e o beneficio, así como o panorama financeiro.

Está destinado, principalmente, a alumnos de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación profesional de grao medio. O contido pode adaptarse a outros niveis.

A data límite de inscrición é o 26 de abril de 2019. Os centros poden inscribirse no Programa a través do seguinte formulario.

Así mesmo convócase o Concurso de Coñecementos financeiros, iniciativa que complementa o Programa de Educación Financeira para aqueles alumnos que o cursaran e que consta dunha fase en rede e outra presencial. A final, entre os dous equipos dos centros gañadores, celébrase o Día da Educación Financeira, o vindeiro 7 de outubro de 2019.

Bases do concurso.

Ante calquera dúbida, pode escribirse á dirección de correo gepeese@cnmv.es ou dirixirse aos teléfonos 91 585 41 28 e 91 585 64 50.