Título node Learning object

Programa educativo de ABANCA "Segura-mente"
Mér, 28/11/2018 - 09:36
Programa educativo de ABANCA "Segura-mente"

Segura-mente é un programa de sensibilización educativa para Primaria e Secundaria creado co fin de fomentar no alumnado a cultura da prevención, así como un programa de educación financeira baseado na asunción de riscos, a toma de decisións e a aceptación de responsabilidades.

Mediante unha serie de competencias crave implantadas no currículo escolar, segura-mente permitirá que o alumnado se divirta aprendendo, ademais de realizar proxectos individuais que o preparará para a súa vida adulta.

Vai dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, ESO e FP Básica.

É un concurso motivador onde o alumnado de Primaria aprenderá a anticiparse a situacións adversas e reflexionar sobre o que máis quere presentando un mural colaborativo no que poderá escribir e debuxar o que máis lle gustaría asegurar, aquilo que é verdadeiramente importante para eles.

O alumnado da ESO e FP Básica aprenderá a planificar con espírito emprendedor e adoptar unha actitude preventiva presentando a concurso a súa propia Start-Up que consistirá en crear a primeira aseguradora para mozas e mozos, poñendo en valor aquilo que é verdadeiramente importante para elas e eles.

Para poder participar, saber máis sobre o material pedagóxico e todo o que ofrece o programa: https://www.programaseguramenteabanca.com/que-é-seguramente/