Título node Learning object

Premio Concepción Arenal 2018: proxectos educativos pola igualdade de xénero
Mér, 28/11/2018 - 09:06
Premio Concepción Arenal 2018: proxectos educativos pola igualdade de xénero

Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente, convócase un ano máis, o premio Concepción Arenal 2018, co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia, que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:

  • A) Proxectos educativos en educación infantil.
  • B) Proxectos educativos en educación primaria.
  • C) Proxectos educativos en educación secundaria.

Premiarase o programa de actividades de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdades entre mulleres e homes, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporado de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía, a autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Poden consultar as bases da convocatoria para o ano 2018 na seguinte ligazón:

http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/11/23/2018_0000008598.pdf

Prazo de presentación de instancias ata: 24 decembro de 2018.