Título node Learning object

Simposio ILG "Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica"
Ven, 09/11/2018 - 11:58
Simposio ILG "Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica"

Como cada ano, o Instituto da Lingua Galega organiza un simposio que reúne especialistas nun ámbito dos estudos lingüísticos.

Este ano, o Simposio ILG leva por título "Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica" e terá lugar entre os días 12 e  14 de novembro de 2018 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 10 de novembro.

Pódese consultar información detallada sobre o simposio na páxina web do ILG.