Título node Learning object

Voz Natura “Desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais”
Ven, 09/11/2018 - 11:42
Voz Natura  “Desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais”

Voz Natura impartirá os días 3, 4, 10 e 11 de decembro na Coruña, o curso para profesorado denominado “Desenvolvemento e divulgación de proxectos educativos ambientais” co obxectivo de aprender a deseñar, xestionar e divulgar un proxecto ambiental, elaborar unha memoria e dar a coñecer os proxectos e o seu potencial didáctico e transversal.

Poderán participar todo o profesorado dos centros de Galicia que están a participar actualmente no programa de educación medioambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

O seminario terá unha duración total de dez horas e será impartido por Susana Vázquez Martínez, doutora en Ciencias da Educación.

As clases serán impartidas en horario de seis a oito e media da tarde nas instalacións da Rede de Aulas CeMIT na Coruña. (Centro Cívico de Eirís. Rúa Terranova de Eirís, 7. 15009 A Coruña).

Para inscribirse nesta actividade deberase enviar un correo electrónico a:

voznatura@lavoz.es

e facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, centro educativo, DNI, dirección de e-mail e un teléfono de contacto.

O prazo máximo de recepción de solicitudes remata o 28 de novembro.

Este curso, totalmente gratuíto, é homologable pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Máis información en:

www.voznatura.es